Unicornibot|Galicia + Cuello|Valencia

18/Oct/2013 - 11:30pm

Unicornibot|Galicia + Cuello|Valencia

Cuello: José Guerrero: guitarra, voz; Óscar Mezquita: batería; Ubaldo Fambuena: guitarra; Nick Perry: baixo

É un proxecto que levaba un tempo dando voltas na cabeza de José Guerrero e cuxo principal punto de partida era a música sinxela, directa e melódica. Se con Betunizer segue explorando os submundos da rítmica, a fereza e a intensidade, con Jupiter Lion viaxa pola psicodelia e os bucles infinitos, con La Orquesta del Caballo Ganador se deixa levar pola improvisación e con Rastrejo se dedica a xogar e experimentar cos instrumentos... en Cuello José busca algo totalmente diferente baseado noutra das súas debilidades que é o amor por bandas con garra guitarreira pero con esencia ultramelódica. En definitiva, unha banda formada por músicos que veñen de ámbitos afastados do pop, axustando as súas mans e cerebros á versión melódica. Con domicilio en Valencia, forman parte desa brillante escena que desde hai uns anos non deixa de ofrecer novos e interesantísimos proxectos. O que hai en Cuello é Rock en estado puro, sen floreos nin complicacións, na busca de emocións máis que de inventar algo novo e con melodías admirables desas que escoitarías con agrado durante todo o traxecto Irún-Tarifa, que sentan á mesma mesa a Robert Pollard, Thurston Moore e o Rivers Cuomo do ano 1994.